viernes, 24 de febrero de 2012

O meco trouxo a troula e o Entroido!!!

Así de ben o pasamos estes días no cole. O meco mandounos traer todo tipo de cousas para "adornar" os nosos corpiños e rematamos a festa disfrazándonos o día 17. Os peques de 3 anos eran uns osiños panda moi amorosiños, os de 4 lindos gatiños e os de 5 divertidos pingüíns... 


sábado, 11 de febrero de 2012

Xogamos coas cores

No 1º trimestre estivemos aprendendo unha chea de cousas sobre as cores. Unha das actividades que levamos a cabo foi a mestura das cores básicas. Unha das nosas xeniais familias propúxonos un xogo que nos gustou moito e para o que só precisabamos pintura, papel, unha pelota e moitas ganas de manchar as mans. Pasámolo fenomenal!

martes, 31 de mayo de 2011

O pasado martes os pícaros de Baio saímos de excursión. Primeiro fomos visitar o centro hípico Casas Novas e despois achegámonos ata A Coruña para comer e gozar dunha sesión de contacontos. Pasámolo xenial!!!!!!!

lunes, 30 de mayo de 2011

II CARREIRA POLA LINGUA



Os pícaros de Baio tamén participamos nas actividades da semana cultural do cole para conmemorar a festa das Letras Galegas. Coas camisetas novas e co bo xantar que nos dan no comedor podiamos estar correndo toda a tarde... 

martes, 3 de mayo de 2011

VIAXAMOS A ETIOPÍA



O ano pasado decidimos facer un pequeno proxecto sobre os nenos/as do mundo comezando pola contorna máis próxima: Galicia. Este curso chegamos a África para coñecer a cultura do noso compañeiro Michael, Etiopía. Aí vos deixamos unha pequena mostra dalgunhas cousas que aprendimos sobre este interesante país.

miércoles, 13 de abril de 2011

Benvidos

Pícaros de Baio comeza a súa andaina! Agardamos que vos guste o recunchiño dos máis pequenos e que compartades connosco todas as nosas experiencias.