viernes, 24 de febrero de 2012

O meco trouxo a troula e o Entroido!!!

Así de ben o pasamos estes días no cole. O meco mandounos traer todo tipo de cousas para "adornar" os nosos corpiños e rematamos a festa disfrazándonos o día 17. Os peques de 3 anos eran uns osiños panda moi amorosiños, os de 4 lindos gatiños e os de 5 divertidos pingüíns... 


sábado, 11 de febrero de 2012

Xogamos coas cores

No 1º trimestre estivemos aprendendo unha chea de cousas sobre as cores. Unha das actividades que levamos a cabo foi a mestura das cores básicas. Unha das nosas xeniais familias propúxonos un xogo que nos gustou moito e para o que só precisabamos pintura, papel, unha pelota e moitas ganas de manchar as mans. Pasámolo fenomenal!